InicioSucesosInterceptan na rúa Lamas de Prado un condutor de 19 anos que...

Interceptan na rúa Lamas de Prado un condutor de 19 anos que circulaba sen carné

Segundo informaron os axentes da Policía Local de Lugo, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno foi a que advertiu de que un condutor circulaba de maneira irregular un vehículo con matrícula portuguesa na rúa Lamas de Prado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou na madrugada deste mércores a un condutor de 19 anos que carecía de permiso de circulación, dado que nunca o obtivo. Segundo informaron os axentes, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno foi a que advertiu de que un condutor circulaba de maneira irregular un vehículo con matrícula portuguesa na rúa Lamas de Prado. Ao darlle o alto, constataron que o condutor era un mozo de 19 anos, veciño de Lugo, que carecía de carné, polo que se instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria e inmobilizouse o vehículo.

Por outra banda, efectivos do mesmo grupo estableceron tamén de madrugada un dispositivo especial para o control da documentación dos vehículos que circulan polo centro urbano de Lugo. No marco do mesmo, detectáronse catro turismos que circulaban sen seguro obrigatorio, tres dos cales tiñan tamén a ITV caducada.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...