InicioCulturaA Feira do Poldro de Muras e a Semana Santa de Lugo,...

A Feira do Poldro de Muras e a Semana Santa de Lugo, a un paso de ser de interese turístico galego

O Consello de Turismo aproba o informe técnico preliminar para a declaración de interese turístico, rexeitando a proposta da Festa Labrega da Chaira de Guitiriz

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello de Turismo de Galicia aprobou este luns, por unanimidade, o informe para a declaración da Feira do Poldro e do Gando do Monte de Muras e a Semana Santa de Lugo de interese turístico galego. 

O documento, que ten un carácter preceptivo e non vinculante, é un paso previo imprescindible para obter a distinción de interese turístico galego de xeito definitivo.

Tralo acordo, corresponde á Axencia Galega de Turismo elevar a solicitude ao Consello de Goberno da Xunta de Galicia, que é o organo encargado de resolver este tipo de recoñecementos.

A Festa das Cruces de Arante e a Romaría de San Brais de Bembrive tamén recibiron a aprobación do Consello de Turismo de Galicia para mudar en festas de interese turístico, non así a Festa Labrega da Chaira de Guitiriz, que quedou descartada no procedimento.

O turismo na provincia de Lugo: máis viaxieiros con maior estadía e gasto

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...