Practican a autopsia á nena falecida en Cospeito, aínda que non se produciron detencións

A pequena, de sete anos, foi achada morta este venres no seu domicilio, situado na parroquia de Muimenta.

A casa de Cospeito na que apareceu o cadáver da nena | Arquivo

A investigación sobre as circunstancias que rodean á morte dunha nena en Cospeito segue o seu curso, aínda que de momento non se practicaron detencións. A pequena, de sete anos, foi achada morta este venres no seu domicilio, situado na parroquia de Muimenta.

O caso está a cargo do xulgado número 1 de Vilalba, que decretou o segredo das actuacións. A pesar diso, fontes da investigación confirmaron que o equipo forense puido practicar a autopsia este domingo, da que xa se teñen os resultados preliminares.

A pesar diso, de momento non se realizou ningunha detención por mor desta investigación, segundo engaden as mesmas fontes.

A alarma saltou o pasado venres, cando a Garda Civil acudiu á casa polo falecemento dunha nena. Á espera dos resultados do forense sobre a autopsia, a Benemérita considera que se trata dunha morte natural, ante a ausencia de signos de violenta.

Previamente, ao lugar dos feitos trasladouse unha ambulancia do 061 e un equipo sanitario de Atención Primaria que realizaron manobras de reanimación á nena, que faleceu no seu domicilio.

Investigan a morte non violenta dunha nena no seu domicilio en Cospeito