InicioSucesosFalece un traballador ao caerlle enriba unha árbore en Lugo

Falece un traballador ao caerlle enriba unha árbore en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un operario faleceu na mañá deste martes tras caerlle encima unha árbore mentres traballaba no municipio de Lugo.

En concreto, segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso tivo lugar na parroquia de Camoira, máis concretamente no lugar de Maira. Foi un compañeiro do falecido o que chamou a emerxencias para alertar do suceso.

Ata a zona desprazáronse efectivos de Policía Nacional, Policía Local e Bombeiros de Lugo, así como persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que non puideron facer nada por salvar a vida ao home.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...