InicioPolíticaO PP de Lugo acusa ó goberno local de "improvisación" e "falta...

O PP de Lugo acusa ó goberno local de “improvisación” e “falta de xestión” na regularización de terrazas

"Unha cidade como Lugo merece poder ofrecer tanto aos veciños como ás persoas que visitan a cidade un servizo hostaleiro á altura", engaden.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo acusou este sábado ao goberno local de “improvisación” e “falta de xestión” na regularización de terrazas, un ámbito no que “se están tomando decisións sen ningún criterio

A “falta de claridade”, denuncian, “provoca interpretacións distintas” do bando nesta materia, “correndo o risco de xerar desigualdades”. “Algúns hostaleiros trasladáronnos que a mesma situación provoca ordes contraditorias ata o punto de dar unha instrución á mañá e pola tarde a contraria”, afirman desde o grupo municipal.

“Unha cidade como Lugo que ten 3 patrimonios da Humanidade e que o seu centro histórico aspira a ser tamén Patrimonio da Humanidade merece poder ofrecer tanto aos veciños como ás persoas que visitan a cidade un servizo hostaleiro á altura que permita gozar tamén dos espazos peonís”, engaden.

Por iso, o concelleiro Antonio Ameijide reclama á alcaldesa “un bando aclaratorio para dar certezas e certidume á hostalaría lucense”, un sector que “xa sufriu en primeira persoa perdas económicas na época da pandemia e que agora ve como boa parte do investimento que fixeron no mobiliario, toldos ou cortavientos para as terrazas pode perderse”. “A retirada de terrazas do centro histórico en plena campaña de verán, que é cando a xente goza das rúas e dos espazos ao aire libre, restan vida ao centro”, critican os populares.

+ posts

ÚLTIMAS

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...