InicioSucesosVeciña de Begonte detida por furto de xoias continuado nun centro de...

Veciña de Begonte detida por furto de xoias continuado nun centro de maiores

A Garda Civil revela a detención da sospeitosa, que usaba o seu traballo no centro para aproveitar o trato próximo cos residentes, cometendo os delitos de furto ao longo de 2023 e 2024.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil, no marco da operación Renur1, detivo a unha veciña da localidade lucense de Begonte, de 46 anos, pola súa presunta implicación nun delito de continuado de furto exercido entre os anos 2023 e 2024 nun centro de maiores da provincia lucense, onde traballaba.

Segundo explican nun comunicado, a detida aproveitaba o seu cargo, “que lle daba trato directo e próximo cos residentes para a súa actividade delituosa”, consistente na subtracción de xoias de ouro e diñeiro en efectivo que os residentes portaban ou gardaban entre as súas pertenzas.

Detallan que se valía de accións rutineiras que lle outorgaba o seu posto de traballo, tal como manicura e pedicura, para a subtracción das xoias a residentes de avanzada idade e con problemas de saúde “que lle daban supostamente certa impunidade nas súas accións”.

A operación policial, que contou coa estreita colaboración do persoal do centro de maiores, iniciouse por mor de varios feitos cometidos o pasado mes de abril. Mediante a investigación, localizan numerosas vendas de xoias en locais de compra venda de ouro e metais preciosos durante o período citado anteriormente, que pertencían na súa maioría a residentes do centro. A detida pasou a disposición do titular do Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Lugo durante este venres.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...