InicioSucesosEvacuado en helicóptero despois de caer do tractor que conducía en Guitiriz

Evacuado en helicóptero despois de caer do tractor que conducía en Guitiriz

Segundo informou o 112 Galicia, foi o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen, sobre as 12.45 horas, contactaba coa central de emerxencias para comunicar a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago para evacuar a un home que sufrira un accidente de tractor nunha leira de Sinde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home tivo que se trasladado en helicóptero este domingo tras sufrir unha caída do tractor que conducía nunha leira situada no municipio lucense de Guitiriz. Segundo informou o 112 Galicia, foi o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen, sobre as 12.45 horas, contactaba coa central de emerxencias para comunicar a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago para evacuar a un home que sufrira un accidente de tractor nunha leira no lugar de Sinde. Ademais, a familia do ferido tamén se puxo en contacto co 112 para solicitar axuda.

Así, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deron aviso aos Bombeiros de Vilalba que, unha vez no punto, confirmaron que o home non se atopaba atrapado, pero si tiveron que axudar a evacualo. Tamén se informou dos feitos a axentes da Garda Civil, a efectivos do GES e a voluntarios da Agrupación de Protección Civil. Finalmente, o ferido foi trasladado na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario Lucus Augusti.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...