InicioLugo e contornaLugoO Arde lucus xa está aquí, as lexións romanas tomaron a cidade

O Arde lucus xa está aquí, as lexións romanas tomaron a cidade

Gran expectación no que foi o primer acto de inicio desta nova edición

PUBLICADA O

- Advertisement -

Preto de chegar ás 21,00 horas na ponte romana da cidade, dun lado estaban, os romanos encabezados por Paulo Fabio Máximo e, do outro lado, o pobo castrexo. Xerou tal expectación que ninguén quixo perder a batalla e mesmo houbo máis dun que a puido ver desde as alturas, máis concretamente, nos balcóns ou desde as fiestras. Do bando dos castrexos dicían que se reuniran todos os pobos galaicos da Península porque eran conscientes de que ía chegar alguén de fóra coa pretensión de roubar o ouro. Nun intre, soaban os tambores e chegaban as lexións de Caio Antistio para iniciar a invasión. A historia é ben coñecida por todos, hai loita e resistencia e un claro bando gañador. Os romanos tomaron a cidade e fundaron Lucus Augusti. Este foi o primeiro dos tantos actos que están programados para esta nova edición do Arde Lucus, con máis de 300 actividades ao aire libre. 

Declarada no 2023, Festa de Interese Turístico Internacional, constitúe un gran atractivo para os amantes da recreación histórica no marco da incomparable Muralla. Máis de dous mil anos despois, durante estes días, propón unha viaxe pola urbe da Gallaecia romana. Poderase desfrutar das recreacións dos campamentos romanos e galaicos, instalados no Parque de Rosalía de Castro; presenciar o gran desfile pola Ronda da Muralla, con todas as asociacións participantes que veñen desde diferentes puntos da xeografía; vivir un auténtico combate de gladiadores no Circus; e incluso oficializar unha boda romana ou celta. 

Entre as 200 actividades, hai novidades como a palestra de Lucus Augusti, na que participarán máis de 200 mozos disputando diferentes deportes con raíces na antiga Roma, similares ao fútbol ou boxeo actuais. Terá lugar de venres a domigo na Praza de Ferrol. Ademáis, tamén destacan como opción de lecer, os Xogos Píticos, unhas Olimpiadas celebradas na honra ao Deus Apolo. Será o sábado 15, na explanada do Pavillón dos Deportes, onde poderán ver lanzamento de disco, pesas ou xavelina; loita Pancratio, unha disciplina entre o boxeo e a loita; e armas romanas. 

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

Denuncian un veciño de Lugo por depositar restos de obra en contedores de lixo doméstico

A Policía Local de Lugo denunciou ao responsable dunha vertedura ilegal na cidade, que...