InicioSucesosDetido un veciño de Chantada como presunto autor de varios roubos de...

Detido un veciño de Chantada como presunto autor de varios roubos de xoias en domicilios

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño da parroquia de Sabadelle, en Chantada, como presunto autor de varios delitos contra o patrimonio, ao supostamente entrar en varias casas e facerse con xoias, diñeiro en efectivo e teléfonos móbiles.

En concreto, o arrestado trátase dun home de 31 anos de idade, o cal supostamente accedería polo menos a cinco vivendas da zona no último mes. Tras fracturar o cristal e unha vez no interior, o home apoderábase de todo tipo de obxectos (maquinaria, xoias, móbiles e diñeiro en efectivo), segundo indica a Benemérita nun comunicado.

No rexistro domiciliario levado a cabo na vivenda do detido interviñéronse, entre outros obxectos, 45 pendentes, 40 aneis, 22 colares, sete móbiles, catro machetes e varios reloxos, que xa foron postos a disposición dos seus lexítimos propietarios. A investigación continúa aberta, sendo esclarecidos ata o momento cinco delitos. O infractor foi posto a disposición xudicial, decretándose o seu ingreso en prisión.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...