InicioSociedadeXubílase Antonio Villamarín, inspector xefe de Lugo

Xubílase Antonio Villamarín, inspector xefe de Lugo

Natural de Viladonga, o comisario xefe provincial ocupaba o cargo dende marzo de 2017 logo dunha longa e recoñecida carreira na Policía Nacional

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este mércores farase efectiva a xubilación do actual comisario xefe provincial, Antonio Villamarín. O responsable da Policía Nacional na provincia de Lugo recibiu o recoñecemento oficial por parte da subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez.

Con motivo de tan especial ocasión, Rodríguez agradeceulle o seu compromiso coa cidadanía, e o traballo que desenvolveu para garantir a seguridade pública durante toda a súa traxectoria profesional, nomeadamente dende que aceptou a dirección da Policía Nacional na provincia de Lugo.

A subdelegada do Goberno gabou o “talante conciliador” e a “bonhomía” do comisario xefe provincial, expresando asemade a súa “gratitude” pola colaboración que lle ten prestado durante os meses que leva exercendo a representación do Estado en Lugo. Ademais, desexoulle a Antonio Villamarín “moita felicidade na nova etapa vital que se lle abre ao chegar á idade de xubilación”.

Carreira profesional do comisario xefe

Antonio Villamarín Rielo, nado en Viladonga (Castro de Rei) en 1953, ingresou no Corpo Superior de Policía en 1976. Estivo á fronte da Policía Nacional na provincia de Lugo dende marzo de 2017.

Con anterioridade, fora nomeado comisario xefe de operacións da Comisaría de Lugo en xaneiro de 2015, e previamente desenvolvera a súa carreira profesional en Vigo, Tarragona e Bilbao.

A súa senlleira traxectoria profesional valeulle 112 Felicitacións Públicas, e está en posesión das seguintes distincións: 2 Cruces ao Mérito Policial con distintivo branco (anos 1997 e 2014), e Cruz, Medalla, Encomenda e Placa pola súa dedicación ao Servizo Policial.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...