InicioMedioambiente e PatrimonioDenuncian o estado ruinoso dunha ponte medieval, paso de peregrinos

Denuncian o estado ruinoso dunha ponte medieval, paso de peregrinos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alertados por uns veciños, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares acaban de comunicar á Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia e ao Concello de Sarria o mal estado en que se atopa a emblemática Ponte da Áspera, paso secular dos peregrinos para salvar o río Pequeno ou Celeiro no seu camiño cara Santiago de Compostela. De orixe baixomedieval do século XV (algúns investigadores din que do século XIII, e incluso de orixe romana), foi reformada no século XVIII. Conta con catro arcos dos que tres conservan a súa factura románica. Tres dos arcos e os tallamares contracorrente son de granito, o resto de cachotería de lousa. No ano 1986 colocouse un fito sinalizador do Camiño.

De innegable valor histórico e patrimonial, no mes de maio de 2022 o Ministerio de Transportes incluíuna dentro duns proxectos de reabilitación do Camiño de Santiago por un importe que ascendía a 230.000 euros. O 21 xuño dese ano rematou o prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas interesadas, cun tempo de execución de 6 meses. Descoñecemos se algunha empresa se interesou ou se quedou deserto, pero o certo é que a ponte, catalogada por Patrimonio co código GA27057104 , continúa a deteriorase ano tras ano. As pedras da calzada, onde non desapareceron, están removidas, así como outras do peitoril. Parte das tuberías que se colocaron hai anos para escorrentar a auga que invadía a calzada atópanse agora á vista, e cando chove fórmanse enormes fochancas, feito que está a provocar graves danos estruturais.

Dende Patrimonio dos Ancares pediron que se recupere o pavimento orixinal, practicamente desaparecido; a consolidación e reposición das pedras dos peitorís e dos tallamares; e a eliminación da vexetación que inza toda a ponte.

A estrutura orixinal medieval da Ponte da Áspera está ao descuberto / Patrimonio dos Ancares

ÚLTIMAS

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...

Detidos tres homes nun operativo policial con 1,6 kg de droga e máis de 1.800 euros

A Policía Nacional desmantelou en Lugo dous puntos de preparación, corte e venda de...