InicioSociedadeAcepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

O acusado, posto de común acordo con dous menores, de dedicou durante o mes de maio de 2022 a insultar e ameazar en repetidas ocasións a unha parella homosexual que residía na cidade, con "absoluto desprezo" cara a eles.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella homosexual que residía en Lugo aceptou este xoves ano e medio de prisión, así como o pago dunha indemnización, tras admitir os feitos. A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves a vista que, finalmente, acabou nun acordo de conformidade entre a Fiscalía e o procesado, que recoñeceu os feitos e mostrou arrepentimento.

Por iso, foi condenado a 12 meses de prisión por un delito de odio e medio ano por dous delitos de ameazas. Dado que non ten antecedentes, solicitouse a suspensión da pena de cárcere se non delinque en tres anos e paga as indemnizacións, 1.500 euros para cada vítima. Segundo o escrito de Fiscalía, o acusado, posto de común acordo con dous menores, de dedicou durante o mes de maio de 2022 a insultar e ameazar en repetidas ocasións a unha parella homosexual que residía na cidade, con “absoluto desprezo” cara a eles.

En concreto, o acusado e os seus dous cómplices menores “chamaron en diversas ocasións de maneira insistente” ao interfono da vivenda, golpearon a porta do portal, tiraron pedras ás xanelas do domicilio e proferíronlles expresións vexatorias como “fodido maricón”. Polo menos en dúas ocasións ameazaron á parella con facerlles dano ou matalos, e acusáronos de “pedófilos”. Nunha ocasión, o procesado ou un dos seus acompañantes deu patadas á porta do portal onde residía a parella á vez que gritaba “subirei, entrarei e matareite”, mentres que noutra gritou desde a vía pública a unha das vítimas que ía regresar “morto a Irlanda”, de onde era orixinario.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...