Home Lugo e contorna Lugo Collen a un condutor coa taxa máis alta de alcol no que vai de ano, cinco veces máis do permitido

Collen a un condutor coa taxa máis alta de alcol no que vai de ano, cinco veces máis do permitido

0
Collen a un condutor coa taxa máis alta de alcol no que vai de ano, cinco veces máis do permitido
Arquivo - Control nocturno da Policía Local de Lugo.. CONCELLO DE LUGO - Arquivo

A Policía Local de Lugo interceptou este fin de semana a un condutor que quintuplicaba a taxa máxima de alcoholemia permitida, ao arroxar un resultado de 1,26 miligramos por litro en aire respirado. Foi denunciado por un delito contra a seguridade viaria.

Segundo recolle o parte de incidencias do corpo municipal do pasado fin de semana, ocorreu na Avenida da Coruña. Os axentes viron que un vehículo circulaba de forma irregular e, ao darlle o alto, observaron que o condutor presentaba síntomas de embriaguez.

Así, fixéronlle as probas de alcoholemia e arroxou un resultado positivo de 1,26 miligramos por litro, o valor máis alto detectado en Lugo no que vai de ano. Por tanto, instruíronse dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido e o coche foi inmobilizado.

Ademais, este fin de semana de detectou a unha condutora que circulaba ebria, cunha taxa de alcoholemia de 0,69 mg/l, case o triplo da taxa permitida, despois de que chocase contra o camión do lixo en Ronda das Fontiñas. Tamén foi denunciada por un delito contra a seguridade viaria e inmobilizóuselle o vehículo.

Así mesmo, a Policía Local interceptou durante os mismso controis a outro condutor, na rúa Rodríguez Mourelo, que circulaba ebrio, cunha taxa de alcoholemia de 0,33 mg/l, e sen permiso de conducir porque nunca o obtivo.

+ posts