InicioSucesosArden dous edificios no centro de Rábade

Arden dous edificios no centro de Rábade

Hai unha familia afectada con 10 membros, ademais doutra vivenda cun só inquilino.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio calcinou dous edificios de dúas plantas no centro do municipio de Rábade na mañá deste xoves, aínda que non se rexistraron feridos. Segundo informa o 112 Galicia, o 061 deu aviso pouco antes das 11.30 horas, despois de que un veciño alertase a urxencias sanitarias de que saía fume do ático dun edificio de dous pisos na rúa Gabriela Nieto Chan. O lume propagouse ao edificio contiguo e os veciños puideron saír ao exterior polos seus propios medios. O fume estendeuse por toda a rúa.

En declaracións a Europa Press, a alcaldesa de Rábade, Remedios González, explica, pasadas as 14.00 horas, que o incendio xa foi “controlado” e evoluciona ben. “Estamos a traballar para reacoller ás familias”, indica. Por unha banda, hai unha familia afectada con 10 membros, ademais doutra vivenda cun só inquilino. Neste operativo participan os Bombeiros de Vilalba e de Sarria, o GES de Friol-Pas e os axentes da Garda Civil. Tamén colabora con medios o distrito forestal da zona.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...