InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaADEGA e Mariña Patrimonio denuncian danos en dúas mámoas do Camiño Primitivo...

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian danos en dúas mámoas do Camiño Primitivo na Fonsagrada

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Mariña Patrimonio veñen de presentar ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (DXPC) unha denuncia por posibles danos nas Medorras do Piñeiral (O Padrón, A Fonsagrada, Lugo ).

Os monumentos megalíticos do Piñeiral foron danados no transcurso de traballos forestais pola apertura  de  profundos sucos realizados con maquinaria pesada na parcela onde se ubican as citadas mámoas. Estes dous túmulos megalíticos atópanse ao carón do Camiño Primitivo a Santiago e dentro da delimitación do Territorio Histórico deste camiño, Patrimonio da Humanidade.

As mámoas foron descubertas no ano 2021 por membros de Mariña Patrimonio, que solicitaron á DXPC a catalogación e protección das mesmas. En documentación da DXPC de novembro de 2021 recoñécese a existencia destes dous xacementos inéditos aos que Patrimonio denominou como Medorra do Piñeiral 1 e Medorra do Piñeiral 2, asignándolles as claves de identificación GA27018321 e GA27018322.

ADEGA e Mariña Patrimonio solicitan que se investigue se estes labores forestais contan coa preceptiva autorización da Consellería de Cultura, que se avalíe o grao de afectación así coma os danos que sufriron estes bens patrimoniais. Así mesmo, solicitan a reposición das Medorras do Piñeiral ao seu estado anterior.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

Deteñen un home por ameazar a dúas persoas cun cúter e unha navalla en Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home como presunto autor dun delito...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

A Deputación detrás dunha nova edición de Divulga T sobre ciencia no campus de Lugo

  DivulgaT- Petiscos de Divulgación Científica, unha iniciativa da Asociación de Investigadores AgroMar que busca...