InicioA UlloaO Goberno non bloqueará que o proxecto de Altri reciba fondos europeos...

O Goberno non bloqueará que o proxecto de Altri reciba fondos europeos se respecta “toda a normativa”

O BNG denunciou que a fábrica tería un impacto ambiental "brutal" en termos de contaminación atmosférica e mariña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, asegurou este luns que “ningunha administración” vai poder bloaquear que a compañía portuguesa Altri reciba fondos europeos para instalar a súa fábrica en Palas de Rei, no caso de que respecte “toda a normativa”.

“Seguimos traballando coa empresa” para enviar á Comisión Europea un “proxecto ben pechado”, asegurou Torró na súa comparecencia ante a Comisión de Industria e Turismo no Congreso. Boa parte do debate centrouse en proxectos galegos, señaladamente neste de Altri.

Unha das posicións máis críticas foi a do BNG. O portavoz da formación na Cámara Baixa, Néstor Rego, denunciou que a fábrica tería un impacto ambiental “brutal” en termos de contaminación atmosférica e mariña, así como un consumo “masivo” de auga. De feito, o Bloque presentou unha denuncia contra a instalación de Altri á Comisión de Peticións da Eurocámara por incumprimento da normativa europea, e agora Bruxelas ten que pronunciarse.

A este respecto, a secretaria de Estado insistiu en que é a compañía a que “ten que definr determinadas cuestións” que lle requiriu o Goberno para poder remitilo “ben pechado” á Comisión Europea e obter “a autorización”.

“Ningunha administración vai parar ningún investimento se respecta toda a normativa”, recalcou Torró. “Se Altri responde con todo e coas nosas demandas de documentación complementaria, enviaremos á CE para que decida se aprobala ou non”, sentenciou.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...