InicioPolíticaMéndez pide a PP e Cs de Lugo que se posicionen contra...

Méndez pide a PP e Cs de Lugo que se posicionen contra os pactos coa ultradereita

A alcaldesa de Lugo ve alarmante que estas formacións negocien cun partido "que odia ás mulleres" e considera que "calar agora é ser cómplice"

PUBLICADA O

- Advertisement -

No mesmo día en que se conmemoraban catro décadas de ordenamento constitucional, a principal autoridade do Concello de Lugo advertiu do “serio risco de entrar nunha deriva perigosa de perda de dereitos”. Lara Méndez lanzou este aviso pola normalización da ultradereita, dada a intención de Partido Popular e Ciudadanos de negociar o apoio de Vox para conformar goberno na comunidade máis poboada.

Esta posición da ultradereita resulta “alarmante” para a rexedora, inqueda polas posibles concesións a un partido “machista, misóxino, homófobo e racista”, e que “avoga por eliminar as ferramentas que puxemos en marcha para acadar a igualdade e defender as vidas das mulleres”.

“Calar agora é ser cómplice”

Méndez cominou á dereita lucense e galega, nomeadamente Partido Popular e Ciudadanos, a posicionarse contra este virtual pacto coa ultradereita. “Pídolles que falen, que digan claramente se apoian que os seus partidos pacten cunha forza que quere derogar a lei que protexe ás mulleres, que criminaliza aos inmigrantes, que quere suprimir as autonomías e acabar coa Lei de Memoria Histórica”.

De non oporse, estas formacións estarían a “branquear este ideario”. Considera Méndez, por outra banda, que un pacto coa ultradereita implicaría contradir a postura da dereita europea, “que fai fronte común cos partidos demócratas para evitar o perigo da extrema dereita e o recorte de dereitos”. A candidata a repetir na alcaldía pediu seguir esta liña e “explicarlles aos lucenses se están realmente no bando dos demócratas”. “Calar agora é ser cómplice”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...