Home Comarca da Fonsagrada A Fonsagrada Falece no hospital un home de 92 anos que sufriu unha caída por un terraplén na Fonsagrada o domingo

Falece no hospital un home de 92 anos que sufriu unha caída por un terraplén na Fonsagrada o domingo

0
Falece no hospital un home de 92 anos que sufriu unha caída por un terraplén na Fonsagrada o domingo
Entrada do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) / LX

Un home de 92 anos faleceu na madrugada deste martes no Hospital Lucus Augusti de Lugo como consecuencia das feridas sufridas o pasado domingo tras caer por un terraplén na Fonsagrada. O nonaxenario atopábase hospitalizado desde a tarde do domingo, cando foi rescatado polos servizos de emerxencia do lugar polo que se despeñara cando camiñaba pola parroquia de San Pedro de Maderne.

O home dirixíase a unhas colmeas da súa propiedade cando escorregou e caeu por un barranco. Durante a caída, sufriu varias contusións que requiriron o seu traslado ao hospital da capital provincial. Alí faleceu na madrugada deste martes, segundo confirmou o alcalde da Fonsagrada, Carlos López.

+ posts