InicioA UlloaPalas de ReiReunión de Altri con empresas forestais de Lugo para presentarlles o proxecto...

Reunión de Altri con empresas forestais de Lugo para presentarlles o proxecto de Palas de Rei

Greenfiber quere crear lazos coas comunidades locais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Representantes de Greenfiber, formada pola enerxética Greenalia e a multinacional lusa Altri, reuníronse coa Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo (Lugomadera) para presentarlles o proxecto Gama, que pretende a construción dunha fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei.

No encontro, o director do proxecto, Bruno Dapena; a directora de Recursos Humanos, Olga López, e o director de Altri Forestal, Miguel Silveira, deron respostas ás consultas dos empresarios madeireiros lucenses, co foco posto na madeira como materia prima para a fabricación de fibras solubles para aplicacións téxtiles e Lyocell, unha fibra desenvolvida a partir do primeiro produto.

Segundo recolle Greenfiber nun comunicado, a idea é xerar valor xuntos, grazas a crear lazos coas comunidades locais.

En concreto, Miguel Silveira sinalou que o proceso requirirá anualmente preto de 1,2 millóns de metros cúbicos de madeira de eucalipto certificada procedente de Galicia. “Fixemos estudos e sabemos que é posible”, aclarou.

“Trátase dun proxecto que mira cara ao futuro, tendo en conta o compromiso crecente do sector téxtil con este tipo de fibras e coa reciclaxe téxtil, que se ten intención de integrar no proceso produtivo nunha fase posterior do proxecto”, reivindicou Dapena.

Pola súa banda, Nuria Rodríguez, xerente de Lugomadera, concluíu a xornada asegurando que “este proxecto é necesario para o sector forestal da provincia de Lugo, así que iremos da man nesta iniciativa”.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...