InicioSociedadePeche dos parques de Lugo ante a chegada dunha nova borrasca

Peche dos parques de Lugo ante a chegada dunha nova borrasca

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou a alerta laranxa pola previsión de fortes refachos de vento na costa da provincia da Coruña, tras o aviso da Axencia Estatal de Meteoroloxía por un fenómeno meteorolóxico adverso que comeza na mañá deste martes.

Así, espéranse refachos máximos de 100 quilómetros por hora, con ventos de dirección sur e suroeste, que afectarán o noroeste, oeste e suroeste da Coruña. Tamén haberá fortes ventos no interior desta provincia, así como en toda a provincia de Pontevedra, na Mariña, o centro e a montaña de Lugo e a montaña de Ourense, onde se activou a alerta amarela e prevense refachos ata 90 quilómetros por hora.

A activación das alertas levou aos concellos a tomar medidas preventivas, entre eles o de Lugo, que comunicou o peche dos parques da cidade ante a situación meteorolóxica adversa e a previsión de fortes ventos.

Os operarios do departamento municipal de Transición Ecolóxica precintarán ao longo da mañá deste martes os parques Rosalía de Castro, Marcos Cela e A Milagrosa, e quedará prohibida a entrada aos recintos.

Así mesmo, o Concello lucense fixo un chamamento aos veciños para pedirlles que respecten as limitacións e eviten correr riscos innecesarios ou pór en risco a súa seguridade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...