InicioSucesosDetidas 5 persoas por trapicheo de cocaína e viagra nos barrio de...

Detidas 5 persoas por trapicheo de cocaína e viagra nos barrio de Recatelo e A Piringalla, entre outros

Ademais, nos rexistros atopáronse varios obxectos furtados que permitiron esclarecer ata o momento sete roubos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a cinco persoas integrantes dunha banda organizada que se dedicaba ao trapicheo de cocaína e pastillas de viagra na cidade de Lugo. Ademais, nos rexistros atopáronse varios obxectos furtados que permitiron esclarecer ata o momento sete roubos. Segundo informa a Policía nun comunicado, os detidos son catro homes e unha muller. O máximo responsable da trama foi enviado a prisión pola autoridade xudicial.

A investigación iniciouse hai varias semanas ao detectar vendas de sustancias estupefacientes no barrio de Recatelo. Así, tense coñecemento da existencia dunha rede que distribuía papelinas por toda a cidade. O responsable da trama facilitaba a droga aos tres distribuidores repartidos nos barrios de Recatelo e A Piringalla, con vendas tamén nunha das rúas adxacentes á avenida da Coruña.

Nos rexistros domiciliarios interviñéronse un quilo de cocaína e diferentes sustancias como 200 pastillas para disfunción eréctil, así como material de manipulación, papelinas preparadas para a venda, balanzas de precisión, teléfonos móbiles e sustancias de corte para a droga, entre outros.

Igualmente, nos rexistros atopáronse diferentes obxectos relacionados con roubos realizados na cidade desde finais do pasado ano, polo que se lles imputa aos titulares da vivenda onde foron localizados un delito de receptación. De tal forma, puidéronse esclarecer ata o momento sete roubos con forza, pero crese que superan a decena. Espérase ao longo da semana poder identificar todos os obxectos e os seus lexítimos propietarios. En concreto, recuperáronse ordenadores, videoconsolas, material de mecánica e trades.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...