InicioSociedadeTrasladan ao HULA a un condutor indisposto e que chocou contra un...

Trasladan ao HULA a un condutor indisposto e que chocou contra un coche estacionado cando circulaba en zigzag

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor foi trasladado ao Hospital Lucus Augusti de Lugo o pasado sábado, tras ser interceptado pola Policía Local e dar mostras de non estar en condicións de seguir ao volante. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron ao mediodía na Rolda do Carme, onde acudiu unha dotación do 092 tras recibir varias chamadas alertando da presenza dun coche que circulaba facendo zigzag.

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que o condutor sospeitoso circulaba de forma errática e que, tras chocar contra un vehículo estacionado, seguira circulando uns metros en dirección á Fonte dos Ranchos, deténdose entón no medio da calzada.

Os policías aproximáronse a identificalo e decatáronse de que o home non estaba en condicións de conducir. Así, a pesar de dar negativo nas probas de alcol e drogas, presentaba restos de vómito nas mangas, tremores e era incapaz de manter o equilibrio. Por estes feitos, os axentes alertaron ao 061, cuxos efectivos acabaron trasladando ao condutor ao hospital.

Por outra banda, a Policía Local de Lugo informou tamén de dúas denuncias contra senllos condutores por supostos delitos contra a seguridade viaria. O primeiro deles foi interceptado en Pena do Rei, e deu un resultado positivo no test de alcoholemia de 0,80 mg/l; mentres que o segundo foi detectado na rúa Santiago, circulando de forma irregular, e ao ser identificado comprobouse que non ten o carné en vigor, por perda total de puntos.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...