InicioSociedadeCorte parcial na LU-P-2408 en Guntín por afundimento do firme e segue...

Corte parcial na LU-P-2408 en Guntín por afundimento do firme e segue a limpeza na LU-P-4103 en Pantón

PUBLICADA O

- Advertisement -

A estrada provincial LU-P-2408 foi cortada ao tráfico parcialmente tras o afundimento do firme pola crecida do río no termo municipal de Guntín, segundo informaron fontes da Deputación de Lugo. Polo momento pechouse á circulación nun dos carrís da vía e polo outro debe circularse con precaución.

Técnicos da institución provincial desprazáronse á zona para comprobar o estado da estrada e traballan na “valoración das obras necesarias” para reparar os danos, ocasionados polas intensas choivas e a crecida do curso fluvial. Mentres, a estrada LU-P-4103 en Ribas de Sil quedou reaberta ao tráfico a media mañá deste luns, despois das restricións causadas por un derrube de terras provocado polas intensas choivas dos últimos días.

O derrube produciuse este domingo, á altura do quilómetro 12 desta vía, que une San Estevo e Pantón, e pechouse a estrada ao tráfico, habilitándose desvíos alternativos. Con todo, desde a Deputación confirmouse que, a última hora deste domingo xa puido habilitarse un dos carrís, e na mañá deste luns, tras os labores de limpeza, puido restablecerse a circulación por completo.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...

Comeza o curso no Centro de Formación Audiovisual da Deputación cunha xornada de presentación

O Centro de Formación Audiovisual da Deputación iniciou este mércores o curso 2026-2027 cunha...

A Xunta licita a construción de 24 vivendas públicas na rúa Angelo Colocci de Lugo

A Xunta sacou este mércores a licitación por 4,3 millóns de euros as obras...