InicioEconomíaAltri necesitará "volume de auga" do encoro de Portodemouros, pero que esa...

Altri necesitará “volume de auga” do encoro de Portodemouros, pero que esa auga “vaise reutilizar”

Ángeles Vázquez defende os criterios ambientais dun "proxecto tractor" para Galicia: "O peor que podemos facer ao territorio é o abandono".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, defendeu este mércores o “proxecto tractor” que suporá para Galicia a instalación da fábrica de Altri, actualmente en exposición pública, e admitiu que necesitará captar “volume de auga” do encoro de Portodemouros, pero que “se vai a reutilizar”. A preguntas dos medios sobre as críticas pola cantidade de auga que requirirá esta actividade, Ángeles Vázquez admitiu que captará “volume de auga” do encoro de Portodemouros, pero que esta auga se vai a “reutilizar”.

Polo momento, o proxecto “está en exposición pública” para “dar explicacións con total tranquilidade e transparencia”, dixo Vázquez, que considerou este “un moi bo proxecto” que “vai cumprir absolutamente con todos os condicionantes desde o punto de vista ambiental” e que será “único a nivel europeo”. “O peor que lle podemos facer ao territorio galego é o abandono, que a xente se teña que marchar a traballar a outras comunidades”, dixo Vázquez, apuntando que Galicia “non pon trabas” aínda que si fai “cumprir a lei”.

ÚLTIMAS

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...

A Deputación de Lugo súmase á reclamación da descentralización de Medicina: “Non só para Vigo e Coruña, para Lugo tamén”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reclamou a participación de Lugo no...

O PP de Lugo sinala informes de servizos municipais que advirten sobre contratos caducados

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, acusou ao goberno local, que dirixe...