InicioEconomíaA aceleradora do sector aeronáutico de Lugo lanza a primeira convocatoria

A aceleradora do sector aeronáutico de Lugo lanza a primeira convocatoria

A aceleradora instalarase provisionalmente no espazo da Fundación CEL no Pazo de Feiras e Congresos e terá acceso á base de Rozas para probas e demostracións

PUBLICADA O

- Advertisement -

A aceleradora do sector aeronáutico de Lugo (BFAero) desvelou este venres a primeira convocatoria para seis proxectos de innovación para aeronaves convencionais e non tripuladas. O prazo para a presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 28 de febreiro, e as iniciativas seleccionadas instalaranse no viveiro do Centro de Iniciativas Empresariais, no Pazo de Feiras e Congresos.

O emprazamento será provisional, coa perspectiva de trasladarse eventualmente ao complexo da Residencia, onde está proxectado un Centro de Emprendemento. Polo de agora, contarán co espazo que xestiona a Fundación CEL e a base de Rozas, en Castro, onde poderán colaborar co INTA e as empresas que xa están alí instaladas, Babcock e Indra, para probas e demostracións.

Obxectivos

Fundación CEL

A Xunta de Galicia, que anunciara que a aceleradora estaría operativa en novembro, mantén os obxectivos iniciais, e que pasan por mobilizar 4,75 millóns de euros ata a fin de 2021, dando soporte a 19 empresas e 60 empregos directos. Cada unha das tres convocatorias da Business Factory Aero incluirá seis proxectos, tres en incubación e tres en aceleración, a excepción da terceira, que engadirá unha sétima iniciativa.

Cada empresa contará cunha achega directa (fondo perdido) de 100.000 euros en incubación e 50.000 en aceleración, así como acceso a investimento de capital de Indra de entre 50.000 e 500.000 euros en incubación e sen límite en aceleración. Adicionalmente, as iniciativas poderán recibir préstamos participativos de Xesgalicia de ata 250.000 euros.

Participan da aceleradora BFAero a Axencia Galega de Innovación (GAIN)IndraBabcock, o Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG) e a propia Fundación CEL. Así e todo, estará aberta a calquera institución ou entidade que desexe colaborar. Na primeira edición os colaboradores serán Delta Vigo, Centum, Sixtema, a Fundación Kiom, o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial, o centro tecnolóxico Gradiant, e o Consorcio Aeronáutico Galego.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...