InicioSociedadeA neve dificulta a circulación en Lugo e os camións non poden...

A neve dificulta a circulación en Lugo e os camións non poden circular pola LU-633 en Pedrafita do Cebreiro

No caso da A-6, a DGT pide ás persoas condutoras que extremen a precaución polas condicións difíciles pola neve entre o quilómetro 435 e 432, o mesmo que estivo cortado a camións. Ademais, avisa da dificultade de circulación por vento entre os quilómetros 536 e 552 da A-8, entre Veiga de San Tomé e O Someiro, en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A caída de neve dificultou a circulación na provincia de Lugo e, en concreto, en zonas de montaña. Así, ademais doutros problemas de circulación xa resoltos que obrigan, non entanto, a manter a precaución en vías como a A-6, pasadas as 15.00 horas mantíñase a prohibición de circular a camións e vehículos articulados na LU-633, ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro.

Ademais, segundo a información solicitada da Dirección Xeral de Tráfico (DGT), a A-6 tamén estivo cortada entre os puntos 432 e 435 en ambos os sentidos, para os camións e vehículos articulados, debido á activación do nivel amarelo por neve.En canto á LU-633, ao seu paso por Pedrafita, está afectada os puntos 0 ata o quilómetro 20, en Queixadoiro. Neste caso, reabriuse ao tráfico sobre as 16.50 horas, aínda que se segue pedindo precaución.

No caso da A-6, a DGT pide ás persoas condutoras que extremen a precaución polas condicións difíciles pola neve entre o quilómetro 435 e 432, o mesmo que estivo cortado a camións. Ademais, avisa da dificultade de circulación por vento entre os quilómetros 536 e 552 da A-8, entre Veiga de San Tomé e O Someiro, en Lugo. Ademais, a Deputación dispúxose a traballar en 70 estradas provinciais de 12 municipios da provincia.

De feito, segundo informou o ente provincial, a institución mantén despregados 48 operativos e 32 máquinas e vehículos para paliar os efectos das inclemencias meteorolóxicas na rede viaria provincial. Concretamente, está formado por 16 máquinas quitaneves con saleiro, oito pick up con saleiro e cuña quitaneves e oito vehículos todoterreo de apoio con útiles de intervención rápida.

Así mesmo, os doce silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo, que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios das vías, explica a Deputación de Lugo. Os municipios máis afectados son Baralla, Baleira, Becerrá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga e Samos.

COLEXIOS PECHADOS EN PEDRAFITA, O COUREL, BALEIRA, A FONSAGRADA E TRIACASTELA

Pola súa banda, as dificultades para circular provocaron a imposibilidade de chegar a varios centros educativos da provincia de Lugo, tanto en transporte escolar, que foi suspendido en varias rutas, como por parte do profesorado e o alumnado. Ademais, segundo informan fontes da Consellería de Educación, naqueles nos que si se puido iniciar a xornada lectiva, decidiuse suspender con antelación ante as condicións meteorolóxicas.

Concretamente, víronse afectados os seguintes centros: CPI Uxío Novoneyra do Courel, Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro, CEIP Concepción López Rey de Baleira no Cádavo, CEIP Plurilingüe Santa María da Fonsagrada, IES Fontem Albei da Fonsagrada e CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela.

+ posts

ÚLTIMAS

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...