InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo pide unha alternativa para instalar a zona pública...

O Concello de Lugo pide unha alternativa para instalar a zona pública de baño no fluvial

Busca o apoio da corporación para instar á Xunta a realizar unha prospección no río Miño, ao seu paso pola capital lucense, para que determine en que lugar resulta viable.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo levará ao pleno ordinario do próximo xoves unha proposición na que busca o apoio da corporación para instar á Xunta a realizar unha prospección no río Miño, ao seu paso pola capital lucense, para que determine en que lugar resulta viable habilitar a zona pública de baño dentro da área da cidade, segundo o seu criterio.

Así o trasladou nunha nota de prensa na que detalla que o obxectivo desta iniciativa é “non perder máis tempo nin malgastar máis recursos públicos en atopar alternativas”, xa que, segundo apunta o consitorio municipal, “todos os informes técnicos presentados anteriormente polo Concello apoiando o proxecto na localización actual foron rexeitados pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural a pesar de dar previamente o organismo autonómico o seu beneplácito á localización vixente e dispor da concesión do aproveitamento”.

Ademais, o texto recolle que, se fose nesario, o Concello de Lugo “comprométese a sufragar parcial ou totalmente o custo dos devanditos traballos”.

“Dispor dunha instalación que cumpra con esta demanda social é unha prioridade do grupo municipal socialista, como acreditan todos os pasos administrativos dados desde o inicio do expediente no ano 2016, pero, a pesar da vontade política e o investimento dedicado a este fin, atopámonos coa negativa sistemática da Xunta opóndose a que os e as lucenses fagan uso da concesión por 25 anos que esta administración ten autorizada no río Miño”, sinalou Miguel Fernández.

A proposta do equipo de Goberno fai referencia a toda a documentación técnica presentada polos servizos municipais con posterioridade ao 9 de noviembro de 2020, cando o Concello recibiu a concesión de apertura para a instalación da piscina flotantes.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...