InicioSucesosMorre unha muller de 76 anos nunha colisión frontal entre un coche...

Morre unha muller de 76 anos nunha colisión frontal entre un coche e un camión en Rábade

O accidente tamén deixou a outras dúas persoas feridas. O condutor do camión saiu ileso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 76 anos, veciña de Cospeito, faleceu nunha colisión frontolateral entre un coche e un camión na estrada N-6 (Madrid-A Coruña) ao seu paso polo municipio de Rábade. Segundo informa a Garda Civil, o sinistro viario, que tivo lugar sobre as 16.00 horas no punto quilométrico 515,4, tamén deixou a outras dúas persoas feridas. A persoa falecida neste accidente viaxaba no asento posterior esquerdo. Tamén resultaron feridos a condutora do turismo e un usuario do asento dianteiro. Pola súa banda, o condutor e único ocupante do camión resultou ileso, segundo informan as mesmas fontes.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...