InicioPolíticaCinco partidos frean a proposta unilateral do Concello para o Garañón

Cinco partidos frean a proposta unilateral do Concello para o Garañón

A alternativa presentada para o pleno do xoves é considerada un exercicio de responsabilidade perante o alto custe que afrontará o Concello no derrubamento do Garañón

PUBLICADA O

- Advertisement -

Nun raro exercicio de consenso, cinco partidos con representación na corporación local de Lugo presentaron unha proposición de urxencia conxunta para resolver o derrubamento das torres do Garañón. Respostan así á iniciativa unilateral e acelerada do Concello, que hai dez días propuxo converter a parcela CS-5 en zona verde, sen coñecer aínda o impacto desta medida sobre as arcas municipais.

Os grupos do Partido Popular, Lugonovo, Bloque Nacionalista Galego, Ciudadanos e Alternativa Cidadá de Esquerdas consideran que esta solución consensuada “un exercicio de responsabilidade” perante o plan da alcaldía para o Garañón, “que non conta con ningún tipo de aval técnico e xurídico”. Precisamente, os socios de investidura condicionaban o apoio á proposta inicial do grupo socialista á existencia de garantías por parte dos técnicos.

A proposición de urxencia, que será debatida no pleno do xoves, ten orixe na importante repercusión económica que terá que afrontar o Concello de Lugo para levar a cabo o derrubamento das torres. Así, é intención dos cinco partidos a redacción dun estudo de alternativas para o ordenamento urbanístico do predio paralizado pola xustiza, co obxectivo de minimizar a indemnización ao promotor, con quen a alcaldía tenta acadar un acordo ofrecendo a cambio outros terreos edificables de titularidade municipal.

Dentro da iniciativa esixen ao executivo local avanzar “con rapidez e decisión” no expediente relativo á reposición da legalidade das torres das costas do parque, en resposta ás tres decisións xudiciais relativas á contorna do Garañón. 

O acordo proposto polos grupos políticos de Partido Popular, Lugonovo, Bloque Nacionalista Galego, Ciudadanos e ACE-EU consta así:

Que por parte do Concello de Lugo se inicie, con medios propios, un 
estudo de alternativas para a tramitación da modificación puntual da 
Unidade de Actuación CS-5 (URPI 58 no PXOM) na que como criterios 
prioritarios se fixen: 
  • A menor incidencia económica posible para as arcas municipais.
  • A conversión en zona verde da maior superficie posible.
  • O menor impacto visual da edificabilidade resultante, no caso de que esta
    edificabilidade exista

ÚLTIMAS

Daveiga: un proxecto de economía social que fomenta o emprendemento dende o rural

Lugar da Veiga S.L.L., fiel ao seu modelo de xestión empresarial responsable, promove dende...

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...