InicioPolíticaOs socios de investidura aceptan con reservas o plan para O Garañón

Os socios de investidura aceptan con reservas o plan para O Garañón

A oposición debátese entre o receo pola conversión en zona verde do Garañon e posicións duras coa xestión no goberno local do mandado xudicial

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno socialista de Lugo levará ao pleno de novembro unha proposición para transformar O Garañón en zona verde, como paso previo á demolición das torres paralizadas pola xustiza. Co caso enquistado, a nova iniciativa espertou entre a oposición dúbidas razonables e ataques pola falta de respaldo técnico e xurídico. Unicamente Lugonovo e o Bloque Nacionalista Galego semellan dispostos a aportar os votos, supeditados aos preceptivos informes, para que saia adiante a medida.

O primeiro en pronunciarse foi o voceiro dos nacionalistas, Rubén Arroxo. Malia valorar como a “solución ideal” a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para converter a unidade CS-5 –sobre a que érguense as torres do Garañón– en zona verde, o que permitiría a unión do parque de Rosalía de Castro co casco histórico a través dun “cinturón verde”, no Bloque consideran precipitado levar a proposta á sesión soberana de novembro.

De xeito semellante, en Lugonovo dan o prace para este plan, sempre e cando os informes municipais avalíen as consecuencias económicas que tería que asumir o consistorio, e que no Concello admiten descoñecer polo de agora. Víctor Álvarez, responsable de organización, opina que sería “unha temeridade” acordar a recalificación sen precisar antes a capacidade de reclamación do promotor e dos propietarios das vivendas da contorna. Neste senso, pide abordar “sen présa” e co asesoramento de técnicos unha nova xuntanza de tódolos grupos da corporación.

Censura ao electoralismo

Olga Louzao | Ciudadanos
Olga Louzao | Ciudadanos

Máis crítica resulta a postura en Alternativa Cidadá de Esquerdas. O sector que representa Carlos Portomeñe cualifica a proposta de “manobra dilatoria” por carecer de aval técnico. “A prioridade do goberno debe ser demoler por completo as torres e devolver o terreo ao seu estado orixinal”, algo para o que “non hai escusa válida”. Dende ACE trasladan que o proceso dilatouse sen xustificación dende que existen resolucións xudiciais, lembrando que non existe aínda un proxecto de demolición que enviar á Dirección Xeral de Patrimonio, e que a modificación do ordenamento é un asunto independente do derrubamento das torres do Garañón.

En Ciudadanos apuntan directamente á figura da alcaldesa Lara Méndez. A voceira Olga Louzao afirmou á saída da comisión que a rexedora “é un perigo” porque despois de anunciar na investidura que derrubaría a edificación, “a día de hoxe non ten nin idea de como facelo”. Louzao opina que trátase dunha estratexia de “marketing político ás portas das eleccións”, debido á ausencia de negociación previa co promotor e de avais técnicos. Así e todo, lembrou que se as torres existen é pola aquiescencia tando dos socialistas coma do Partido Popular, que ocupaba a alcaldía no momento de crear o plan de ordenamento urbano.

A voz da formación conservadora, Antonio Ameijide, adicou severas críticas ás formas do executivo local. O representante do Partido Popular considera “unha estafa” e “unha irresponsabilidade” o xeito en que se quere modificar o PXOM, algo que en todo caso trataríase “dunha manobra electoral”. “A alcaldesa lanzou o farol máis caro xamáis lanzado, que podería condenar aos lucenses a pagar a segunda hipoteca millonaria do Garañón”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...