Home Lugo e contorna Lugo O alcalde en funcións de Lugo colga de forma simbólica a bandeira de Palestina no Concello

O alcalde en funcións de Lugo colga de forma simbólica a bandeira de Palestina no Concello

0
O alcalde en funcións de Lugo colga de forma simbólica a bandeira de Palestina no Concello
O alcalde en funcións colga de forma simbólica a bandeira de Palestina no Concello de Lugo. BNG LUGO

O alcalde de Lugo en funcións, Rubén Arroxo, acompañado por outros concelleiros nacionalistas, colgou este martes de forma simbólica a bandeira Palestina da fachada do Concello.

O acto, do que informou o grupo municipal do BNG nun comunicado, correu a cargo de dous veciños lucenses procedentes de Palestina.

“Realizamos esta acción en cumprimento co acordo do pleno de decembro, como mostra de solidariedade do concello e de todos os veciños de Lugo co pobo palestino, que está a pasar un momento moi difícil”, sinala Arroxo.

Así mesmo, explicou que a bandeira foi colgada dunha forma simbólica, pero que non permanecerá na fachada do Consistorio debido ás restricións marcadas pola Lei de Bandeiras. “Buscaremos unha localización definitiva para a bandeira, como mostra de apoio a unha solución pacífica para o conflito de Palestina”, apuntou.

Con esta medida, destacou que Lugo se converte, xunto con Girona e Málaga, nos únicos concellos de todo o Estado que colgaron a bandeira Palestina da súa Casa Consistorial.

+ posts