InicioSociedadeConclúe a reforma da Base de Unidade Operativa de Monterroso, cun investimento...

Conclúe a reforma da Base de Unidade Operativa de Monterroso, cun investimento de 69.000 euros

Con estas melloras, preténdese favorecer a conciliación entre descanso e traballo dos bombeiros e axentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Medio Rural informou este martes da conclusión do proceso de reforma das instalacións da Base de Unidade Operativa (BUO) de Monterroso, á que se destinou un orzamento de case 69.000 euros. Os gastos foron financiados na súa totalidade a través de fondos Feder React, como resposta da Unión Europea á pandemia da covid-19.

As melloras consistiron, esencialmente, no acondicionamento de vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacéns para material e instrumental de traballos, ademais dos recintos para gardar os vehículos.

A edificación, localizada no concello lucense de Monterroso, é o punto de encontro do persoal das brigadas forestais. Con estas melloras, preténdese favorecer a conciliación entre descanso e traballo dos bombeiros e axentes.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...