InicioLugo e contornaLugoDetido un home por ameazas con coitelo e buscan a outro por...

Detido un home por ameazas con coitelo e buscan a outro por agresión en Lugo

Os feitos tiveron lugar na xornada deste mércores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home nas últimas horas como presunto autor dun delito de ameazas, tras abordar un viandante e intimidalo cun coitelo. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde deste mércores, cando o 092 recibiu varios avisos de testemuñas que informaban dunha pelexa entre dúas persoas na vía pública, na Avenida da Coruña.

Ao chegar, os axentes observaron aos dous implicados, e que un deles abandonaba o lugar e metíase nun supermercado próximo. Ao entrevistarse coa persoa que estaba na rúa, esta explicou aos policías que ía camiñando e que un home o abordou.

Segundo a súa versión, o home, ao que non coñece de nada, propináralle unha patada nas costas e, mentres lle ensinaba un coitelo, lle advertía de que o ía a apuñalar. Os axentes localizaron ao sospeitoso e, ao cachealo, atopáronlle un coitelo cunha folla de 9 centímetros. O home foi detido e trasladado a dependencias policiais.

AGRESIÓN NUN LOCAL

Por outra banda, a Policía tamén informou doutra intervención, nun local hostaleiro da mesma Avenida da Coruña, na noite deste mércores. Ata o lugar acudiu unha dotación, alertada por unha pelexa e, alí entrevistáronse cun home que presentaba un corte nun antebrazo. Esta testemuña explicou que, momentos antes, cando estaba a ver un partido de fútbol, mantivo unha discusión con outro individuo e que este, nun momento dado, colleu un taburete e tentou golpealo, parando el a agresión co brazo.

O presunto agresor non se atopaba no establecemento, polo que os axentes tomaron declaración ás testemuñas, e xestionaron o acceso ás imaxes captadas polas cámaras de vixilancia, para as dilixencias de investigación e localización do suposto autor do ataque.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...