InicioSucesosLocalizan a un home camiñando desorientado tras ausentarse do HULA, onde estaba...

Localizan a un home camiñando desorientado tras ausentarse do HULA, onde estaba pendente de probas médicas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo localizaron a un home, que camiñaba desorientado por unha beiravía nas proximidades do Hospital Lucus Augusti (HULA), e que se ausentou do centro sanitario.

Segundo informaron fontes deste servizo, os feitos ocorreron sobre as 12,45 horas do pasado luns, cando a sala dle 092 recibiu un aviso sobre a presenza dun home, aparentemente desorientado, camiñado pola beiravía dunha das vías adxacentes ao hospital.

Unha unidade trasladouse á zona, e localizou ao home na Estrada da Fonsagrada. Os axentes comprobaron que o home presentaba a mirada perdida e que non respondía os requirimentos, polo que se iniciaron as pescudas oportunas para aclarar a súa situación.

Así, a Policía puido comprobar que o home se ausentou do HULA, onde se atopaba pendente de ser sometido a probas médicas. Os axentes trasladárono de novo ao hospital, onde quedou baixo o coidado da súa familia.

SEGURIDADE VIARIA

Por outra banda, a Policía Local de Lugo tramitou varias denuncias nas últimas horas por delitos e infraccións relacionadas coa seguridade viaria. Así, dous condutores foron denunciados por circular coa ITV sen pasar no prazo establecido, e outro máis por facelo sen o seguro obrigatorio.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...