InicioSucesosVisto para sentenza o xuízo contra un pai acusado bater ao seu...

Visto para sentenza o xuízo contra un pai acusado bater ao seu fillo en Lugo

O Ministerio Fiscal, pola súa banda, que esgrimiu nas súas conclusións que "os golpes non teñen por que deixar ningún tipo de marca", mantivo a petición de condena de nove meses de cárcere nos termos formulados no escrito de acusación e a causa quedou así vista para sentenza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo acolleu este martes a vista contra un pai acusado dun presunto delito de malos tratos no ámbito familiar por losquear ao seu fillo de catro anos nun parque da capital en agosto de 2021.

No xuízo, que quedou visto para sentenza tras prestar declaración o acusado e catro testemuñas –uno da defensa e tres da acusación–, o Ministerio Fiscal mantivo a súa petición de condena de nove meses de prisión para o imputado.

Os feitos xulgados tiveron lugar o 17 de agosto de 2021 no parque da Milagrosa de Lugo, onde de acordo ao recolleito no escrito fiscal o home agrediría ao menor dos seus dous fillos –entón de catro anos de idade– “dándolle labazadas e un azoute nas nádegas”.

O primeiro en declarar na sala de vistas número 2 do Xulgado foi o propio acusado, que negou os feitos e sinalou ao tres testemuñas presenciais –membros da mesma familia– de mentir na súa exposición do sucedido. “Dixéronme que era cruel deixar chorar ao neno e gritáronme desde un banco que estaba a 25 metros, pero eu non toquei ao neno en ningún momento, rifeille de palabra”, manifestou.

Tras a declaración do pai chegou a quenda das testemuñas da acusación, presentes aquela tarde no lugar dos feitos. Dous deles interviñeron na vista por videoconferencia e ratificáronse nos testemuños ofrecidos durante a instrución.

O primeiro –que prestou declaración desde prisión– acusou ao proxenitor de “propinar puñadas na barriga e na cabeza” ao menor, mentres que a segunda sinalou ver como o pai daba “labazadas” ao seu fillo antes de “tiralo ao chan”. A terceira testemuña, que participou de maneira presencial, declarou que o menor se “ouriñou nos pantalóns” porque “tiña medo” do seu pai.

A nai do menor supostamente agredido e muller do home acusado –que non se atopaba no parque no momento do feitos pero desprazouse ao lugar tras recibir a chamada da súa parella– tamén foi interrogada na sala de vistas. “Os nenos estaban perfectamente cando cheguei, non percibín que ningún tivese medo”, declarou, para acto seguido asegurar que o seu marido “xamais lle pegaría ao neno” porque, precisou, “é un bo pai”.

“INCONGRUENCIAS” NOS TESTEMUÑOS DAS TESTEMUÑAS

O avogado da defensa centrou a súa argumentación na fase de conclusións para solicitar a libre absolución do acusado nas “incongruencias” apreciadas nos testemuños das testemuñas, “nas declaracións ofrecidas por uns e outros”, subliñou, e “nas declaracións realizadas agora con respecto ás realizadas durante a instrución”.

“As testemuñas son membros da mesma familia, os seus testemuños non coinciden e non existe nin unha soa proba que poida desvirtuar a presunción de inocencia”, proclamou o letrado, antes de cuestionar “como unha puñada na cabeza pode non deixar ningunha marca” e de destacar que o informe emitido polo 061 tras realizar a exploración do menor no lugar dos feitos presentaba a “un neno tranquilo, colaborador e contento”.

O Ministerio Fiscal, pola súa banda, que esgrimiu nas súas conclusións que “os golpes non teñen por que deixar ningún tipo de marca”, mantivo a petición de condena de nove meses de cárcere nos termos formulados no escrito de acusación e a causa quedou así vista para sentenza.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...