InicioPolíticaOs orzamentos que presentará a Deputación escalan ata os 90 millóns de...

Os orzamentos que presentará a Deputación escalan ata os 90 millóns de euros

O presidente da Deputación, Darío Campos, afea á Xunta que camufle no capítulo de investimentos na provincia de Lugo os gastos correntes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os orzamentos que a Deputación levará ao pleno de novembro pasarán dos 84 millóns de euros previstos inicialmente a acadar a marca de 88,4 millóns, logo da engádega dos fondos para o Consorcio Provincial de Bombeiros e a Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa). Así o avanzou o presidente da administración provincial, Darío Campos, quen reivindicou o papel da Deputación coma principal inversor na provincia Lugo.

As negociacións para sacar adiante as contas comezaron nos inicios de novembro, cando o goberno da Deputación adiantou os primeiros detalles dos orzamentos, pendentes entón do prace da intervención. O grupo socialista terá que lograr alomenos tres votos positivos máis para que o pleno provincial valide o proxecto orzamentario.

Entre as principais partidas anunciadas por Darío Campos, aparecen “un mínimo de 20 millóns” para o Plan Único –despois de engadir oo remanente do exercicio actual–, 17 para nova obra en estradas, outros 4,7 millóns para plans de emprego, así como 6,3 para a apertura e servizo das residencias da Fonsagrada, Castroverde, Pol, Trabada, Pedrafita do Cebreiro, Ribadeo e Ribas de Sil.

Críticas ao investimento da Xunta

Os orzamentos en vigor superan o oitenta por cento de execución, e a previsión é que rematen por enriba da media de cumprimento de 2016 e 2017. Campos subliñou que a Deputación é a administración que máis inviste na provincia de Lugo, malia que a Xunta de Galicia “dispón dun orzamento cen veces superior”.

“Falan de investimentos da Xunta na provincia, cando se refiren aos GDR que son practicamente un setenta e cinco por cento fondos da Unión Europea”. O presidente provincial afeou que o goberno galego camufle como investimentos os gastos correnges “que por lei están obrigados a asumir”, coma na educación, a saúde e o transporte.

As demandas que quedaron esquecidas nos orzamentos da Xunta

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...