InicioEconomíaModificacións nos desvíos pola A-6 debido a novas obras para resconstruír o...

Modificacións nos desvíos pola A-6 debido a novas obras para resconstruír o viaducto

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable vai comezar unha nova fase nas obras de reconstrución dos dous viadutos da A-6 no Castro, que conectan Veiga de Valcarce e Pedrafita do Cebreiro, co obxectivo de que este mesmo ano quede recuperado o que vai en sentido Madrid.

Desta forma, a partir das 8,00 horas da mañá deste venres modificaranse os desvíos de tráfico existentes actualmente, entre os quilómetros 428 e 432, para así poder adoptar as novas configuracións que permitan avanzar nas obras.

Por unha banda, pecharase o desvío que comunica de forma directa a A-6 coa N-6 no quilómetro 431 para proceder ao seu desmonte, que é o percorrido que fan os vehículos lixeiros para evitar pasar polo centro de Pedrafita. Así, todo o tráfico en sentido Madrid, tanto pesados como lixeiros, utilizará a saída 432 para acceder á travesía de Pedrafita e circular pola nacional ata reincorporarse á autovía no quilómetro 428.

Doutra banda, modificarase o ‘bypass’ que hai no quilómetro 428 da A-6 para permitir o paso directo de vehículos a través da propia autovía. Isto obrigará a operar con tráfico en dobre sentido na A-6 en sentido A Coruña entre os quilómetros 422 e 428. Por iso, non se permitirá o paso a transportes especiais entre os quilómetros 428 e 432.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...