Home Lugo e contorna Lugo Un turismo choca contra un farol en Lugo por mor da néboa

Un turismo choca contra un farol en Lugo por mor da néboa

0
Un turismo choca contra un farol en Lugo por mor da néboa
Un turismo choca contra un farol en Lugo / POLICÍA LOCAL LUGO

Un turismo sufriu un accidente na cidade de Lugo ao impactar contra un farol frontalmente debido a que tiña a lúa dianteira embazada pola néboa.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, o sinistro tivo lugar na madrugada do xoves na confluencia da Rolda de Fingoi coa rúa Alfonso X ou Sabio.

O condutor, que sufriu feridas leves polas que tivo que ser evacuado ao HULA en ambulancia, trasladou que a mala visibilidade no parabrisas dianteiro provocou que embistiese co morro do coche un farol.

+ posts