InicioLugo e contornaLugoUn menor detido por agresión á súa nai logo de que ela...

Un menor detido por agresión á súa nai logo de que ela lle escondera o router

Desde o descanso da escaleira, os axentes xa escoitaron que se estaba producindo unha discusión na que un mozo estaba a insultar á súa nai.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local detiveron en Lugo un menor por agresión á súa nai tras discutir porque ela lle escondía o router, segundo informan o consistorio.

Á primeira hora da tarde do día 31, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi avisada para que acudise a un edificio da Rolda das Mercedes por unha discusión.

Desde o descanso da escaleira, os axentes xa escoitaron que se estaba producindo unha discusión na que un mozo estaba a insultar á súa nai. Tamén oíron fortes golpes polo peche violento de portas.

Ao chamar á porta, abriulles o fillo, que sostivo que discutira coa súa nai xa que lle escondía o router e que o necesitaba para os seus estudos, confesando que a agarrou empregando a forza polo que foi detido por un delito de violenia no ámbito familiar.

A nai manifestou que o seu fillo a agredira e insultara, de acordo tamén co seu relato porque lle esconde o router da internet, presentando lesións nos ombros e antebrazo.

+ posts

ÚLTIMAS

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...