InicioSucesosPena de tres anos e nove meses para o home que atropelou...

Pena de tres anos e nove meses para o home que atropelou a unha axente

O acusado non se parou no control de tráfico e ía conducindo sen carné.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuíza do Xulgado do Penal número 1 de Lugo condenou este venres a unha pena de tres anos e nove meses de prisión a un home acusado de saltarse un control de tráfico conducindo sen carné e de atropelar na súa fuxida a unha axente da Garda Civil.

O acusado, un home de 27 anos que xa cumpre condena por outros delitos contra a seguridade viaria, compareceu na sala de vistas número 2 por videoconferencia desde o centro penal de Bonxe (Lugo) e recoñeceu os feitos para poder chegar a un acordo de conformidade.

Polo atropelo á axente da Garda Civil, á que o home deberá abonar 3.228 euros polas lesións e 2.000 máis polas secuelas provocadas en concepto de responsabilidade civil, o acusado deberá cumprir unha pena de tres anos e un día de cárcere. Os feitos tiveron lugar o 8 de outubro de 2021, cando a Garda Civil deu o alto ao acusado (G.D.S) no punto quilométrico 550 da estrada N-V para proceder á realización dun control preventivo de alcoholemia e drogas. O home, que circulaba sen carné de conducir, non se detivo e arroiou co seu vehículo a unha das axentes ao darse á fuga antes de ser interceptado.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...