InicioLugo e contornaLugoTres parques da cidade permanecerán pechados por mor do vento

Tres parques da cidade permanecerán pechados por mor do vento

O acceso aos parques de Rosalía de Castro, Marcos Cela e a Milagrosa estará prohibido polas condicións adversas do tempo e apélase á responsabilidade cidadá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo informou de que na xornada deste xoves volveu a pechar os parques da cidade ante a permanencia dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo que se mantén, por ventos que pode deixar refachos de ata 70 quilómetros por hora.

Desde a área de Transición Ecolóxica e Impulso Rural, que dirixe Miguel Fernández, explícase que os operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Marcos Cela e A Milagrosa. Por iso, queda prohibida a entrada aos mesmos desde ese momento e faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións e eviten correr riscos innecesarios para non pór en perigo a súa seguridade.

+ posts

ÚLTIMAS

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...