InicioEconomíaEste venres remata o prazo para votar os orzamentos participativos de Lugo

Este venres remata o prazo para votar os orzamentos participativos de Lugo

O Concello ampliou o prazo para participar nos orzamentos participativos, que poderán votarse de xeito presencial tamén no CEI Nodus

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo ampliou o prazo para a votación das propostas dos Orzamentos Participativos ata este venres 16 de novembro. Poderán facelo as persoas censadas en Lugo, maiores de 14 anos.

Para o voto presencial, a veciñanza poderá acudir ao Edificio de Novas Tecnoloxías da Praza Anxo Fernández Gómez ou ao CEI Nodus. Quen opte por este procedemento deberá presentar o seu DNI, en horario de 10.00 a 13.00 e 17.00 a 19.00 horas.

En canto á participación telemática, quen non verificou a conta persoal na aplicación http://www.loop.lugo.gal/ antes do día oito, poderá votar cun código que se lle facilitará nas instalacións.

Deste xeito realizarase a terceira fase dos Orzamentos Participativos, logo da recollida de propostas e a avaliación por parte dos técnicos municipais. A cidadanía poderá escoller entre arredor de 110 iniciativas, a metade das propostas remitidas inicialmente. As áreas máis mencionadas son as de enxeñería, parques e xardíns, emprendemento, deportes, medio ambiente, policía local e mercados, ademais dun plan de divulgación sobre a vespa velutina.

Dotación económica

Esta ferramenta de participación democrática, impulsada polo departamento de Cidadanía que dirixe Rosana Rielo, está dotada con 350.000 euros. É unha cantidade importante, aunque relativamente pequena en comparación co esforzo, por exemplo, da Coruña. A cidade herculina adica aos seus orzamentos participativos dez veces máis investimento, cunha poboación que é dúas veces e media superior.

Por suposto, todas as propostas considerablas viables teñen asociado un custo, polo que se poderá votar todas as propostas ata o límite do orzamento previsto. A medida que se vaian seleccionando propostas o custe vaise descontando do orzamento total. Ao final da fase de votación, realizarase un reconto de maneira automática e transparente dos votos de cada proposta, e as máis votadas son as que o executivo levará a cabo.

Estas son as 28 propostas de Lugo Monumental para os Orzamentos Participativos

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...