InicioSucesosMorre unha persoa en Pol tras saírse da estrada co vehículo que...

Morre unha persoa en Pol tras saírse da estrada co vehículo que conducía e chocar contra unha árbore

Foi un particular quen, minutos despois das 18 horas, contactou co 112 para informar o accidente, que se produciu no quilómetro 2 da LU-760, na parroquia de Fraialde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa faleceu no municipio lucense de Pol tras saírse da estrada co vehículo que conducía e chocar contra unha árbore.

Segundo informou o 112, á súa chegada, os profesionais sanitarios confirmaron o falecemento dunha das dúas persoas que viaxaban no vehículo, e cuxo corpo tivo que ser liberado polos Bombeiros. Foi un particular quen, minutos despois das 18 horas, contactou co 112 para informar o accidente, que se produciu no quilómetro 2 da LU-760, na parroquia de Fraialde.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil de Tráfico e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pol. Á súa vez, o outro ocupante do vehículo foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...