InicioEconomíaOs traballadores apoian o acordo de convenio colectivo de Urbaser Vilalba e...

Os traballadores apoian o acordo de convenio colectivo de Urbaser Vilalba e ponse fin á folga

Deste xeito lógrase unha subida do 6 % en materia económica para 2023, mentres que en 2024 e 2025 os aumentos serán do 4 % en cada anualidade. O persoal tamén cobrará unha prima de convenio de 400 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os traballadores apoiaron, por unanimidade en asemblea celebrada este venres, o preacordo para o convenio colectivo de Urbaser Vilalba. Diso informa Xosé Paz, de CIG-Servizos, quen explica que tamén se desconvocará así a folga de recollida de lixos iniciada o pasado 21 de agosto, a cal estaba suspendida desde o 14 de setembro.

Deste xeito lógrase unha subida do 6 % en materia económica para 2023, mentres que en 2024 e 2025 os aumentos serán do 4 % en cada anualidade. O persoal tamén cobrará unha prima de convenio de 400 euros.

Por outra banda, conséguese un día máis de vacacións (31 días), á vez que se rebaixa a xornada semanal de 39 a 37,5 horas. Entre outras cuestións, a empresa proporcioniará dúas pezas de roupa de traballo e un par de botas Goretex.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...