InicioEconomíaOs empresarios de Lugo supervisarán os investimentos da Xunta na provincia

Os empresarios de Lugo supervisarán os investimentos da Xunta na provincia

A Confederación de Empresarios de Lugo acorda reunirse coa Xunta periodicamente para avaliar a execución dos orzamentos logo de certo malestar na patronal

PUBLICADA O

- Advertisement -

Desalentados polo interés circunstancial da Xunta na provincia, a Confederación de Empresarios de Lugo manifestou veladas críticas contra os novos orzamentos autonómicos. O goberno galego, inquedo pola inusual fractura coa patronal, enviou ao superdelegado territorial José Manuel Balseiro para atopar posicións comúns.

Polo de agora, ámbalas partes acordaron a celebración de reunións periódicas nas que avaliar o ritmo inversor en Lugo. Os empresarios fiscalizarán o labor da administración que preside Alberto Núñez Feijóo na provincia, situación inédita que amosa o grao de tensión entre a CEL e a Xunta, que aínda pode introducir enmendas nas contas para 2019.

Dúbidas cos orzamentos

Na xuntanza, que o delegado territorial da Xunta pediu expresamente, Balseiro trasladou ao Comité Executivo da patronal os puntos máis relevantes dos orzamentos en tramitación. A nivel superficial, o proxecto coloca a Lugo como a provincia con maior investimento por habitante, para un total de 1.341 millóns de euros, un doce por cento máis ca no exercicio anterior.

Porén, detrás do dato global hai evidentes fallas. A primeira é a insuficiente inversión directa despois dun 2017 raquítico, pois a meirande parte das partidas son incrementos en programas de benestar, innovación ou medio rural. A partida de 17 millóns para o polo tecnolóxico de Rozas semella aínda un asunto a longo prazo, cando os empresarios ven que hai outras necesidades desatendidas na provincia de Lugo.

A segunda é a falta de fondos para proxectos estratéxicos, pois os dous elementos máis consistentes da proposta son o complexo da Residencia e o novo colexio do Sagrado Corazón. Quedan de novo fóra as grandes infraestruturas: Plan Paradai, Intermodal, Ronda Leste… o único desenvolvemento de entidade é o desdobramento do corredor de Nadela a Sarria, e unicamente de xeito parcial.

ÚLTIMAS

Luz verde aos 22 millóns de euros do Plan Deputación 2025

O Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres, no seu Pleno ordinario, as bases...

Deteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere de Monterroso

A Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de...

A Policía Local de Lugo identifica a dous mozos facendo pintadas e a outro que esnaquizaba coches a fartar

A Policía Local de Lugo identificou a dous mozos sorprendidos mentres realizaban pintadas na mañá de...

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...