InicioCulturaRepercusión "moi positiva" do Caudal Fest: 35.000 persoas encheron Lugo

Repercusión “moi positiva” do Caudal Fest: 35.000 persoas encheron Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou que a próxima edición será os días 20 e 21 de setembro de 2024.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, valorou a repercusión “moi positiva” do Caudal Fest, que se celebrou este fin de semana na capital lucense, e avanzou que a próxima edición será os días 20 e 21 de setembro de 2024. Así, destacou que esta quinta edición, “a máis concorrida da historia”, mostra que se trata dun evento “en continua progresión”. Ademais, puxo en valor a figura dos ‘caudals’, que estivo “por encima das expectativas”.

“Esa actitude mostrada pola xente, que demostrou ante todo que viña gozar da cultura e da música, estivo por encima da climatoloxía. Nin a auga embazou nin un só momento do Caudal Fest”, apuntou. Á espera de datos oficiais, a alcaldesa asegurou que este Caudal Fest vai ter “un retorno importantísimo” na cidade. “Falamos de que en 2022 foron 30.000 as persoas que pasaron polo Caudal, mentres que este ano a cifra de asistentes sitúase en 35.000“, relatou.

Por tanto, segundo a súa valoración, se na pasada edición a estimación valorada do retorno económico estaba en 4,5 millóns de euros, prevese “un incremento importante dese impacto”. Nesta liña, insistiu na repercusión “moi positiva” para Lugo deste “terceiro grande evento da cidade”, para o que xa avanzou as datas da súa sexta edición: 20 e 21 de setembro de 2024. “Animamos xa a todo o mundo a que reserve esas datas para vir a Lugo a gozar da música, da cultura e da xente”, concluíu.

ÚLTIMAS

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...

A Deputación de Lugo súmase á reclamación da descentralización de Medicina: “Non só para Vigo e Coruña, para Lugo tamén”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reclamou a participación de Lugo no...

O PP de Lugo sinala informes de servizos municipais que advirten sobre contratos caducados

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, acusou ao goberno local, que dirixe...