InicioMovementos sociaisUn concerto pola India este mércores no Auditorio Gustavo Freire de Lugo

Un concerto pola India este mércores no Auditorio Gustavo Freire de Lugo

A iniciativa da Fundación Vicente Ferrer procura fondos para a construcción de vivendas dignas nas zonas máis pobres da India. O recadado en entradas para o concerto no Auditorio Gustavo Freire será doado integramente

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación, Concello de Lugo e Fundación Vicente Ferrer colaboran nunha iniciativa solidaria que ten por obxecto a recadación de fondos para a construción de 4 casas adaptadas no pobo de Chapiri, pertencente á rexión de Kalyandurg, na India.

Trátase dun concerto solidario que reunirá á soprano, Noemí Mazoy; a acordeonista, Valery Zviarzhevich; o pianista, Germán Barrio; e a violonchelista, Cristina Nogueira Pérez. O concerto terá lugar este mércores, día 23 de maio, no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

As entradas teñen un prezo de 10 euros e pódense mercar nos seguintes comercios da cidade de Lugo: Pazo de la Maza, Opticalia da praza maior, Café del Centro, Portal 36. Tamén están dispoñibles a través de https://entradas.ataquilla.com. Tamén se pode facer un donativo á fila cero en La Caixa ES30 2100 3331 9622 0009 6273, co concepto concerto Lugo. 

Toda a recadación deste concerto solidario empregarase para a fabricación de vivendas seguras, que conten coas condicións hixiénicas e de habitabilidade óptimas, que darán aloxamento a x familias en situación de vulnerabilidade, nunha das zonas máis pobres e necesitadas da India. Esta iniciativa enmárcase na colaboración que manteñen tanto a Deputación como o Concello de Lugo co tecido asociativo que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas.

Fundación Vicente Ferrer

A Fundación Vicente Ferrer é unha ONG de desenvolvemento comprometida co proceso de transformación dos estados de Andhra Pradesh e Telangana e das comunidades máis vulnerables e en risco de exclusión. A fundación leva máis de 45 anos traballando xunto coas comunidades máis desfavorecidas da India. Para iso, levan a cabo un programa de desenvolvemento integral e centran as sías accións en seis áreas de actuación crave: educación, sanidade, mulleres, hábitat, persoas con discapacidade e ecoloxía.

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...