InicioSociedadeEncontran o octoxenario desaparecido en Pol en estado consciente nunha zona de...

Encontran o octoxenario desaparecido en Pol en estado consciente nunha zona de monte

No momento da desaparición, o home vestía con camisa branca e un pantalón marrón claro, ademais de levar boina e un bastón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O octoxenario desaparecido o pasado día 5 en Pol foi encontrado en estado consciente este xoves no monte. Foi localizado por uns familiares nunha zona de monte.

Os membros de Protección Civil de Pol solicitaron a colaboración dos servizos sanitarios para a valoración do implicado, que estaba desorientado pero consciente, segundo confirmaron fontes do 112 e da Garda Civil de Lugo.

Neste operativo, coordinado polos axentes da Garda Civil, participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Pol, Meira, A Pontenova, Riotorto, Lugo, Ribeira de Piquín e Baleira.

Convén sinalar, que o Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) tamén colaborou nas tarefas de procura coa Unidade Operativa de Drones.

CONTINÚA A DE ABADÍN

Doutra banda, continúa a procura do octoxenario desaparecido en Abadín o pasado día 3, tamén nun dispositivo coordinado pola Garda Civil de Lugo.

O 112 Galicia recibiu a alerta de que este home faltaba do seu domicilio entre o domingo e o luns.

No operativo participan Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, a Asociación de Cans de Salvamento de Galicia e os membros de Protección Civil de Mondoñedo e Vilalba. Tamén tomou parte a Unidade Operativa de Drones do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...