InicioSociedadeLugo acolle un congreso internacional sobre feminismos e cultura dos coidados

Lugo acolle un congreso internacional sobre feminismos e cultura dos coidados

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC organizará entre o 28 e o 29 de setembro na Facultade de Humanidades de Lugo o Congreso internacional 'As culturas dos coidados e os feminismos'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC organizará entre o 28 e o 29 de setembro na Facultade de Humanidades de Lugo o Congreso internacional ‘As culturas dos coidados e os feminismos’.

A sesión inaugural arrincará ás 10.00 horas do xoves 28 e dará paso a dúas xornadas de relatorios que profundarán na economía dos coidados, xénero, saúde mental, políticas públicas, sexualidade, traballo doméstico, maternidades en cuestión, ou pedagoxía feminista ecoanimal, entre outros temas, da man de persoal docente e investigador da USC e das universidades de Granada, Sevilla e Estremadura.

Esta actividade, cuxa inscrición pode realizarse ata o día 28 de setembro a través dun formulario en liña, organízase ao amparo do convenio de colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade para o desenvolvemento de actividades do Plan Corresponsables en Galicia, financiado con fondos do Ministerio de Igualdade.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...