InicioSociedadeAdif non realizará actuacións no paso a nivel do accidente mortal de...

Adif non realizará actuacións no paso a nivel do accidente mortal de Lugo

Adif non fará traballos nese paso a nivel até a súa supresión, cuxo proxecto de eliminación está finalizado e próximo de saír a licitación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Adif descarta actuacións no paso a nivel de Lugo no que un tren arroiou a un coche o pasado mércores –con dous falecidos e un ferido grave– ata a súa supresión, cuxo proxecto de eliminación está terminado e próximo de saír a licitación.

Fontes do administrador de infraestruturas ferroviarias consultadas por Europa Press sinalan que o paso a nivel no que esta semana morreron dous mozos ao ser arroiado o vehículo no que circulaban “contaba coa protección establecida pola normativa”, polos sinais de ‘stop’ e aspa.

Segundo destacan as fontes de Adif, estes dous sinais eran as que precisaba este paso a nivel “atendendo ás súas características”, polo que aseguran que “non require de actuación adicional ata a súa supresión”. En todo caso, non precisan o prazo de execución que levará o proxecto de supresión.

A normativa establece o nivel de protección dos pasos a nivel en función de certos parámetros. “Neste caso, este paso a nivel é público e conta coa protección que determina a lei, polo que en base á normativa non require actuacións adicionais”, expón Adif.

Adif ten previsto eliminar 43 pasos a nivel en Galicia, unha comunidade na que aínda existen un total de 144. O proxecto de supresión está redactado e en breve iniciarase o proceso de licitación que, “previsiblemente, lanzarase no último trimestre deste ano”, segundo explican estas mesmas fontes.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...